CRTVG

Buscar

Un vídeo mostra o momento do accidente do teleférico en que morreron 14 persoas no norte de Italia

Publicado o 17/06/2021 08:56

O diario italiano Il Corriere della Sera obtivo o vídeo que mostra o momento do accidente do teleférico no norte de Italia en que morreron 14 persoas o pasado 23 de maio. Na gravación, de escasos 30 segundos, vese como a cabina está subindo os últimos metros, pero, xusto antes de chegar ao alto da estación, un cable rompe na parte máis alta, a 1.400 metros de altura, ante o pánico do operario da estación, e a cabina retrocede a toda velocidade. Uns metros despois, cae ao baleiro. O accidente desvelou deficiencias nos sistemas de seguridade. As 14 vítimas mortais faleceron por só tres metros de separación coa estación. 

Noticias web

17/06/2021