CRTVG

Buscar

Un vídeo amosa os danos que causa o coronavirus nos pulmóns

Publicado o 27/03/2020 11:01
Un vídeo amosa os danos que causa o coronavirus nos pulmóns

O doutor Keith Mortman é o xefe de cirurxía torácica no George Washington University Hospital. Recentemente, este hospital lanzou un vídeo en 3D sobre os efectos do coronavirus nos pulmóns dos pacientes. 

As imaxes corresponden a un varón de 59 anos sen patoloxías graves previas que precisa agora dun ventilador para respirar. O que se ve en amarelo no vídeo son as partes inflamadas dos seus pulmóns.

Cando a infección chega a este punto, a cura non é nin rápida nin sinxela. E é máis complicada canto maior é o paciente.