CRTVG

Buscar

Un vendedor da ONCE reparte 300.000 euros en Vigo

Publicado o 15/12/2020 14:52

Vaia sorpresa máis agradable levaron os clientes habituais dun vendedor da ONCE en Vigo que repartiu 300.000 euros nunha ducia de cupóns premiados. Hoxe estivemos con el no seu punto de venda desde hai 15 anos.

É un día moi importante para Alberto. Por fin sabe o que é repartir boa sorte neste cruzamento da Gran Vía coa rúa Ecuador de Vigo. E por iso, recibe os parabéns das persoas que o coñecen.

O número gañador do último sorteo da ONCE deixou 300.000 euros na cidade a través dunha ducia de cupóns premiados con 25.000 euros cada un.

Os taxistas da parada lindeira, o persoal dun centro comercial e os veciños do barrio de Casabranca son os seus clientes habituais e entre eles están a maioría dos afortunados. Algúns mesmo viñeron xa a compartir con el a súa ledicia.

E como a sorte chama pola sorte, os clientes novos achéganse ao seu posto aínda con máis ilusión.

Alberto Fernández ten 45 anos, é de Caldelas de Tui e leva máis dunha década traballando en Vigo.

Noticias web

15/12/2020