CRTVG

Buscar

Un veciño dunha aldea na Ribeira Sacra construíu unha nave espacial no seu xardín

Publicado o 30/04/2020 15:29

Esta é unha historia sigular: a iniciativa dun veciño dunha aldea na Ribeira Sacra que construíu unha nave espacial no seu xardín.

Trátase dun prato voador dun tamaño nada despreciable no que caben dentro varios tripulantes. O que non pode, claro está, é voar.

Cantos nenos e nenas non soñaron de pequenos con seren astronautas de maior! Lucio Ballesteros leva toda a vida imaxinándose aos mandos dunha nave espacial. Músico, escritor interesado sempre por estes temas, con 89 anos decidiu construir unha

É a única nave materializada, queria deixar plasmado o meu soño, di Luicio Ballesteros.

É un ávido lector. Os libros científicos que garda na súa biblioteca e os seus coñecementos como técnico electrónico permitironlle levar a cabo esta empresa e instalar un prato voador no xardin da súa casa na aldea de Montoedo, no concello ourensan da Teixeira.

Aquí traballei dous anos e medio. Todo artesanal.

A nave ten vinte metros de diámetro, con capacidade para 32 persoas e está preparada para funcionar con placas solares. Ainda que Lucio puntualiza que a súa intención é facer as cousas ben e con realismo, non emprender unha viaxe interestelar.

Con esta estampa, cando en España andamos pola fase cero, nesta aldea da Ribeira Sacra parece que chegaron á terceira.

Noticias web

30/04/2020