CRTVG

Buscar

Un veciño deixa en herdanza a casa ao concello de Ribadeo para reformar un asilo

Publicado o 08/10/2021 21:04

Case 250 metros cadrados, oito espazos amoblados e dous cartos de baño, ademais doutros 100 metros no faiado e de numerosos mobles e antigüidades. Son os datos de presentación desta vivenda para a poxa que terá lugar o 18 de novembro, cun prezo de saída de 200.000 euros.

Nada curioso se non fose porque o propietario é o Concello de Ribadeo, que o recibiu en herdanza do médico Francisco Moreda. O legado do doutor Moreda permitiría financiar o 50 por cento da rehabilitación do asilo.

Os que foran os seus veciños gaban o xesto, pero cren que a maioría non seguiría o seu exemplo. O Concello prepara xa unha xornada de portas abertas e vai admitir ofertas ata o vindeiro 16 de novembro.

Noticias web

08/10/2021