Un veciño de Viveiro falece electrocutado na bañeira cando cargaba o teléfono móbil
Publicado o 21/10/2021 09:54

Un veciño de Viveiro faleceu electrocutado na bañeira da súa casa de Madrid. Ao parecer, o home estaba cargando o móbil ao mesmo tempo que se bañaba. Todo apunta a que morreu electrocutado tras caerlle o cargador na auga. Foi a súa muller quen o atopou insconsciente dentro da bañeira, cando volveu á casa despois de traballar durante a noite, polo que as primeiras investigacións apuntan a que podería levar toda a noite morto.
Tiña unha queimadura no peito, onde tamén estaba o teléfono móbil. O seu falecemento causou unha gran conmoción en Viveiro. O home levaba anos vivindo en Madrid, pero era moi coñecido na Mariña, xa que xogou en varios equipos de fútbol da comarca.