CRTVG

Buscar

Un veciño de Torrevieja provoca unha explosión na súa casa

Publicado o 19/11/2020 21:27

O suceso ocorreu minutos despois das seis da mañá. Unha forte explosión rebentou os tabiques de dúas vivendas neste edificio. Nunha delas, os bombeiros atoparon 12 bombonas e gasolina. O veciño que estaba alugado alí está desaparecido. Crese que puido ser el o que provocou a explosión.

"Foi unha explosión por gas butano. Atopamos 9 bombonas na vivenda, 3 de cámping gas, botes de pintura... E estaban repartidos pola vivenda. E coa información dos veciños que dicían que el xa ameazara con facer voar o edificio fai pensar que houbo intencionalidade", explica un bombeiro. 

Os bombeiros tiveron que evacuar todo o edificio, pero por sorte só houbo feridos leves. O que si se produciron foron moitos danos materiais, e non só nas dúas vivendas. O edificio ten danos na súa estrutura e tamén quedaron afectados algúns coches que estaban aparcados nesa rúa.

Noticias web

19/11/2020