CRTVG

Buscar

Un veciño de Tomiño falece por inhalación de monóxido de carbono

Publicado o 13/08/2021 08:58

Ocorreu entre as 8 e as 9 da noite nunha vivenda da parroquia tomiñesa de Hospital. O falecido é un home de 56 anos que estaba traballando nun motor de combustión no domicilio cando se intoxicou. Trátase dun electricista, veciño do municipio, que se desprazara ao lugar para facer un traballo na instalación.

O home atopábase no baixo da casa de dúas plantas cando se produciu o suceso. Na vivenda estaba, ademais, a dona da casa que quixo auxiliar o afectado e que tivo que ser atendida por inhalación de fume. Ata o lugar desprazáronse varias ambulancias e dotacións de bombeiros do Baixo Miño. Os servizos sanitarios intentaron reanimar a vítima durante máis dunha hora, pero non se puido facer nada por salvarlle a vida. A muller foi evacuada ao punto de atención continuada de Tomiño.

Tamén se desprazaron á vivenda a Policía Local e a Garda Civil, que investiga o suceso.

 




 

Noticias web

13/08/2021