CRTVG

Buscar

Un veciño de Santiago colocou un testo nunha fochanca para dar conta da súa dimensión

Publicado o 04/05/2021 13:08

Un veciño da aldea de Pedrido, na parroquia santiaguesa de Villestro, chegou a colocar un testo para dar unha idea da dimensión da fochanca. Hoxe a planta xa non está, pero o furado segue no medio da pista. 

Este veciño asegura que en decembro pasado denunciou no Concello o mal estado das pistas. Os condutores que coñecen a zona fan o posible por esquivalas. Pero o perigo está aí. 

Quéixanse do abandono do rural: pistas sen beiravías onde apartar dos coches, camiños públicos cheos de maleza e mesmo o camiño polo que se prolonga a peregrinación de Compostela a Fisterra, abandonado. Están tan molestos que algúns son partidarios de censárense no veciño concello de Ames.