CRTVG

Buscar

Un veciño de Ribadavia atesoura 80 coches clásicos que el mesmo restaurou

Publicado o 06/10/2021 21:30

Un Pegaso dos anos 50 é un dos últimos vehículos que Darío devolveu á circulación. Un Escarabello foi o primeiro. Comezou con esta paixón nos anos 80 aínda que a súa relación co mundo do motor vén de moito antes.

Ten uns 80 vehículos, o máis antigo de 1925 e os máis novos da década dos oitenta. A maior parte mercados, moitos en talleres de despezamento, pero tamén conta con doazóns e mesmo con algún que outro intercambio con outro afeccionado como este Seat 1.500 que trocou por un Audi dos oitenta.

A recompensa a anos de traballo co que continuará, di, mentres teña folgos.

Noticias web

06/10/2021