Un veciño de Poio, detido por utilizar unha menor de idade para vender droga
A detención foi obra de efectivos do Grupo de Prevención da Delincuencia da comisaría de Pontevedra, o venres na zona da Alamenda. Ao detido, veciño de Poio de 46 anos de idade, collérono cando estaba a valerse dunha rapaza de 13 anos para vender droga polo miúdo.
Paula Novás, voceira da Policía Nacional, explica que os axentes "observaron a presenza de varios toxicómanos como á espera de algo, nerviosos e nisto chegou un coche do que baixaron un home e unha adolescente. Un dos toxicómanos achegouse a esa persoa, viron como lle daba algo á menor e esta ofrecíalle algo a cambio. Outro dos axentes interceptou este individuo. Detívoo. Levaba enriba 330 euros e algunhas doses de drogas e a menor, estamos a falar dunha nena de 13 anos, utilizábaa, presuntamente, para vender a droga aos toxicómanos".
O home pasou a disposición xudicial e foi posto en liberdade.