CRTVG

Buscar

Un veciño de Ortigueira, en paradoiro descoñecido dende o venres

Publicado o 14/04/2019 21:18
Un veciño de Ortigueira, en paradoiro descoñecido dende o venres

Seguen buscando este veciño de Ortigueira, de 46 anos de idade, está en paradoiro descoñecido desde este venres, cando se dirixía a traballar tras saír do seu domicilio.

José Enrique Fernández mide 1,68 metros, ten a cabeza rapada, ollos castaños e ten unha tatuaxe no brazo dereito. No momento da desaparición vestía un pantalón gris e un suadoiro verde.