CRTVG

Buscar

Un veciño de Mos enfróntase a máis de once anos de prisión por ameazar e violar a súa exparella

Publicado o 27/10/2020 14:09

A Audiencia de Pontevedra xulga un veciño de Mos acusado de violar e de inflixir outras agresións machistas á que fora a súa parella hai dous anos.

O fiscal pide once anos e catro meses de encarceramento para o acusado, que xa fora condenado como responsable doutra agresión sexual.

O fiscal considera nas súas conclusións provisionais que o acusado agrediu fisicamente, ameazou de morte e violou a muller, que era a súa parella e coa que convivía vai facer dous anos.

O acusado negouno e dixo que estaba mancada por autolesións. Por esta causa xa estivo máis de seis meses preso. O home conta co antecedente dunha sentenza firme polo delito de agresión sexual que lle supuxo a condena a un ano de cárcere.

No caso que agora se xulga, o fiscal pide nas conclusión provisionais un total de once anos e catro meses de prisión, entre outras penas de privación de dereitos. O representante do Ministerio Público sinala que aquí concorren as agravantes de reincidencia e parentesco.

A preguntas do seu avogado, o acusado afirmou que agora vive con outra parella coa que ten un bebé.

A continuación declarou a vítima, coa sala a porta pechada.

Noticias web

27/10/2020