Un veciño de Marín enfróntase a 25 anos de cadea por violar unha septuaxenaria
Publicado o 11/03/2021 16:35
Un veciño de Marín enfróntase a unha petición de 21 anos de cárcere pola violación dunha septuaxenaria. O procesado está en prisión provisional por esta causa e hoxe declarou na Audiencia de Pontevedra.
Asegurou que coñecía a señora porque lle fixera traballos de albanelería na casa pero negou que a agredira. Dixo que a noite que aconteceron os feitos, en 2017, el estaba na casa, como declarou a súa muller.
A Garda Civil atopou restos orgánicos del na saba baixeira da cama da agredida e o seu teléfono sitúao na zona. A fiscala pide que o condenen a 21 anos de cárcere. Está previsto que o xuízo remate o luns que vén.