Un veciño de Lugo atopa cinco quilos de dinamita na casa onde vive
Publicado o 28/02/2019 20:02
Un veciño de Astrar, na parroquia luguesa de Pedreda, atopou cinco quilos de explosivos no alpendre da súa vivenda, unha casa de alugueiro. O achado produciuse cando se dispoñía a arranxar o chan do pendello. Deu con dúas bolsas que resultaron ter no seu interior 25 cartuchos de dinamita.
Unha vez que se presentaron no lugar, os Tedax comprobaron que a dinamita se encontraba en moi mal estado de conservación. Así e todo, incinerárona nun soar á beira da casa.
Tamén se localizou un cordón detonante, que os Tedax levaron para a súa análise e posterior destrución.