CRTVG

Buscar

Un veciño de Cervantes volve á súa casa dous anos despois dos incendios

Publicado o 03/02/2020 21:15

Así quedou a casa de Antonio González, despois dos incendios forestais que afectaron o concello de Cervantes en outubro de 2017. E así está agora logo de ser reconstruída coa axuda dos seus veciños e co apoio financiero da Xunta.

Albaneis, carpinteiros ou electricistas desta zona dos Ancares esforzáronse en deixar a vivenda o máis parecida posible a como estaba antes de ser pasto das lapas. Antonio está fondamente agradecido pola axuda que recibiu porque, como el mesmo asegura, sería incapaz de vivir noutro sitio que non fose esta casa do lugar de Pando, onde naceu e pasou toda a súa vida.

"Moi agradecido os veciños da contorna e de todo Cervvantes porque non esperaba tanta axuda".

"É moi duro perdelo todo co lume. E ademais non me adaptaría a vivir en ningún outro lugar".

Antonio, xubilado de 68 anos, é solteirro, vive só e ten diferentes problemas de saúde. Neste tempo estivo residindo na parroquia lindeira, pero cada día viña comprobar o avance dos traballos. Dende o primeiro momento tivo claro que non quería marchar para unha residencia da terceira idade ou para un piso na capital do concello porque, di, perdería o contacto coa que sempre foi a súa terra.

Noticias web

03/02/2020