Un veciño de Carballeda de Avia conta cunha colleita de cabazas de ata 60 quilos
Publicado o 13/09/2021 21:51
Os coidados dun veciño de Carballeda de Avia e mais a chuvia fixeron que este ano teña unha morea de cabazas, algunhas ben grandes. A máis grande di que mide uns 90 centímetros e que pode pesar uns 60 quilos.
A auga e os seus coidados deben ser o segredo para que a terra dera tan bos froitos. Este veciño está moi orgulloso da súa horta situada na aldea de Beiro, no concello ourensán de Carballeda de Avia.