CRTVG

Buscar

Un veciño de Cangas ataca cun machado a Garda Civil tras denuncialo por non levar máscara

Publicado o 01/08/2020 19:28

A irresponsabilidade dunha minoría volveu quedar de manifesto. Nas últimas horas, un veciño de Cangas atacou cun machado varios gardas civís, despois de que o denunciaran por non levar a máscara.

Todo aconteceu de madrugada. Os axentes comunicaronlle ao home a posible sanción e só media hora despois intentou agredir os gardas civís cando patrullaban preto da súa casa. Mesmo tiveron que pedir reforzos para reducir o agresor, que chegou a bater co machado na porta dunha fábrica próxima.

Noticias web

01/08/2020