Un artesán fai navallas con cornos ou balas
Publicado o 13/10/2019 21:36
Criouse vendo o seu avó facer navallas, así que a afección venlle desde ben pequeño. Avelino é un artesán da Fonsagrada que elabora este tipo de coitelos e fainos de forma personalizada, grávalles o nome. A súa técnica é unha evolución do que lle aprendeu o seu avó.
As navallas fainas neste pequeno obradoiro, utilizando mesmo ferramentas que herdou do seu avó. Emprega todo tipo de materiais e son moi apreciadas porque o mango é a gusto do cliente.
Variedade e artesanía que toman forma de navalla nas mans deste artesán da Fonsagrada.