CRTVG

Buscar

Un veciño da Illa de Arousa recolle sinaturas para a renuncia dun policía local por abuso de autoridade

Publicado o 04/08/2021 13:48

Un veciño da Illa de Arousa está a recoller sinaturas para que o policía local que hai na vila renuncie ao seu posto. Xa puxo unha denuncia por abuso de autoridade na Garda Civil, despois de que o axente local lle cortara o paso co coche patrulla e o reducira violentamente por non identificarse, sempre segundo a versión deste veciño.

Salva Allo: "Intentaron inmobilizarme botándome contra unha casa, poñéndome os cóbados nos ombreiros, e cando me intentaron esposar puxéronme unha man no pulso e outra no pescozo intentando afogarme. No momento en que eu case non collía aire foi cando os empuxei e como estaba a chover esvararon, pero non caeron en ningún momento. Cando viron que estaban todos os da pizzería e algúns veciños mirando, pararon afastáronse e foron os propios veciños e traballadores da pizzería os que informaron a Garda Civil".

Salva conta o que lle aconteceu cando saída de traballar no restaurante que rexenta no porto do Xufre. Estaba aquí nas inmediacións da rúa Castelao, cando os axentes se dirixiron a el e pedíronlle que se identificase. El negouse e aí comezou o balbordo. Ao parecer os policías alegan que lles chamou pallasos e que foron agredidos previamente, cousa que el nega.

Salva Allo: "Síntome acosado por este axente, non é primeiro ano que está aquí. E non só por min senón por toda a xente que está a sufrir un maltrato, non fisicamente, pero si psicoloxicamente porque o tratan como se non fosen nada, ten un abuso de autoridade enorme e non ten respecto por ninguén desta vila". 

Salva di que non é a primeira vez que este axente da Policía Local ten problemas cos veciños da vila.

Salva Allo: "Os turistas e veciños están a tomar algo e el non pregunta se non están consumindo se poden poñer a máscara. El di directamente ou poñedes a máscara ou denúnciovos".

Agora mentres espera que o xulgado resolva a súa denuncia recollerá sinaturas para que non concello tomen medidas.

Noticias web

04/08/2021