CRTVG

Buscar

Un veciña de Teo denuncia que o seu can foi vítima de cebos de carne con anzois colocados na vía pública

Publicado o 01/06/2020 14:18

O paseo do can por este camiño da travesía de Montouto, en Teo, acabou na clínica veterinaria. Alguén colocou polo menos en dous puntos engado con moi malas intencións: dentro do anaco de carne como cebo colocara un anzol. E un can picou.

Foi a acción rápida da dona do animal, que acudiu de inmediato á clínica, a que impediu que o cebo matón cumprira o obxectivo. A veterinaria conta que a muller estaba co paseo rutinario de cada mañá ao lado da casa.

María Alonso, veterinaria en Teovet: "Viu que o can metía algo na boca. Axiña foi quitarllo, e era un anaco de carne cun anzol. O que pasa é que xa comera outro. Ela deuse de conta de que o animal tragara algo. Chamounos e asistímolo rapidamente. Mediante un estudo radiográfico xa vimos que no estómago tiña outro anzol. Fixémoslle unha endoscopia para extirparllo".

O can está ben. Non sufriu lesións internas nin secuelas, polo que afirma a veterinaria. Así de bulideiro se amosa esta mañá cando volveu para revisión. As acción contra os animais non son novas nesta zona.

Segundo Alonso: "Desgraciadamente, si, vivimos nunha contorna onde se viven distintas sensibilidades cos cans. No monte, polo que nos comentan, que en cruzamentos de camiños aparecen cebos con cravos dentro da carne".

Lembra a profesional que o uso da violencia, de calquera xeito que sexa, contra os animais hai que denuncialo. Foi o que fixo a dona do can vítima nesta ocasión ante a Garda Civil. Pode que as pescudas pasen ao Seprona.

Segundo esta veterinaria de Teovet: "Nós facemos unha chamada para que, se alguén ten datos de quen puido ser, polo ben de todos que avise as autoridades porque probablemente esta persoa agora mesmo vaia repetir e os propietarios de cans que viven na zona teñen que estar moi alarmados. E non hai dereito".

Lembra María Alonso que por onde estaban os cebos, neste caso, a vitima temán puido ser un cativo.

Noticias web

01/06/2020