A Arxentina con máis de cen mil mortos con covid, un dos países máis golpeados en América Latina
Un total de 100.250 mortos por coronavirus converten A Arxentina nun dos países máis golpeados pola pandemia en América Latina. De feito, na última semana A Arxentina foi o quinto país do mundo con máis mortos por millón de habitantes.
Cinco días de loito nacional e bandeiras a media hasta nos edificios públicos. O motivo son os máis de 100.000 mortos por coronavirus da Arxentina, como consecuencia dunha segunda vaga de contaxios aínda máis letal que a primeira. Nos últimos tres meses, 41.708 persoas morreron por covid no país austral, unha media de 458 falecementos por día.
Agora as autoridades temen a transmisión comunitaria da variante delta, nun momento no que tan só un 11 % da poboación foi vacinada con dúas doses. Neste contexto, a esperanza do Goberno é chegar a setembro con toda a poboación vacinada.