CRTVG

Buscar

Un tiburón mata un surfista en Australia no terceiro ataque mortal este ano

Publicado o 07/06/2020 10:33


Un home de 60 anos que practicaba surf nunha praia no estado de Nova Gales do Sur a uns 800 quilómetros de Sydney morreu polo ataque dun tiburón branco. O falecemento produciuse debido ás feridas causadas nunha das pernas pola mordedura do escualo, duns 3 metros de lonxitude.

Outros deportistas auxiliaron o ferido despois de espantar o tiburón da zona e levárono ao areal de Kingscliff, pero morreu antes de ser trasladado pola ambulancia ao hospital. As autoridades pecharon a praia durante 24 horas. É a terceira morte polo ataque dun tiburón en Australia este ano. En 2019 contabilizáronse ata 27 ataques a persoas, pero ningunha faleceu.


 

Noticias web

07/06/2020