CRTVG

Buscar

Un tiburón branco de cinco metros visita as augas do porto exterior da Coruña

Publicado o 30/09/2021 16:26

Un tiburón branco, de 5 metros de lonxitude, foi avistado no porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, a primeira hora da tarde. Traballadores do porto lograron filmalo e fotografalo, sen incidencias. Pouco despois, desaparecía no medio do mar.

Os biólogos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños din que non é habitual velos por aquí.

Noticias web

30/09/2021