CRTVG

Buscar

Un tiburón azul visita a praia de Benidorm, que estivo pechada ata guialo a augas abertas

Publicado o 12/08/2021 21:47
Un tiburón azul visita a praia de Benidorm, que estivo pechada ata guialo a augas abertas

Os bañistas da praia de Poniente en Benidorm tiveron hoxe un convidado moi especial: un tiburón azul. Este exemplar duns dous metros de lonxitude apareceu desorientado tras avistalo un socorrista.

Como medida de prevención, o Concello pechou ao baño unha área concreta do areal, que foi acordoada por seguridade.

Esta tarde a quenlla foi conducida a augas abertas sen que causara máis problemas que a expectación.

Noticias web

12/08/2021