CRTVG

Buscar

Un terzo dos rapaces sofre acoso escolar e o 40 % tarda meses en contalo

Publicado o 26/10/2021 14:03

Un terzo dos rapaces e rapazas sofre acoso escolar e o 40 % tarda meses en contalo ou non llelo conta nunca aos pais. Polo que hai que estar atentos aos indicios que apuntan ao acoso, porque canto máis tarde se detecta maior é o impacto psicolóxico.

O acoso é un camiño de dous sentidos, e un terzo das vítimas de acoso tamén son acosadores ao mesmo tempo. Unha cifra que aumenta no caso do ciberacoso.

As secuelas que deixa o acoso escolar son moi fondas e poden permanecer durante anos, polo que precisan dunha atención profesional específica para superalas.

En moitas ocasións os conflitos de acoso acaban nos xulgados, outras veces con sancións disciplinarias, pero non se restaura a convivencia, as vítimas seguen tendo medo. Isto é un freo á hora de denunciar os casos. 

 

Noticias web

26/10/2021