CRTVG

Buscar

Un terremoto de 3,2 en Baltar sentiuse en varios concellos do suroeste de Ourense

Publicado o 01/05/2021 21:07

Esta veciña de San Paio estaba deitada vendo a tele cando as dúas e cuarto da madrugada sentiu unha forte sacudida.

Tamén o pequecho da casa se asustou ao notar tremilicar a terra. Jose Antonio ata viu como se lle movía a mesa.

Nas tertulias este sábado era a principal conversa.
Manuel Mandianes, antropólogo asiduo colaborador da TVG, despertou na súa casa dos Blancos, a 15 km do epicentro, coas vibracións.

En Calvos, Muíños, Porqueira, ata en 30 kilómetros á redonda notaron o tremor.
Moitos volveron a cama sen saber de que se trataba, ata que nas redes comezaron a bulir as reaccións a este terremoto.