CRTVG

Buscar

Un terceiro avión español aterra en Madrid con 110 evacuados de Afganistán

Publicado o 22/08/2021 09:45

• Outros dous avións españois voan a Dubái con 177 evacuados de Cabul

Un terceiro avión español aterra en Madrid con 110 evacuados de Afganistán

Un terceiro avión español aterrou esta noite na base aérea de Torrexón de Ardoz con 110 persoas evacuadas de Afganistán. A aeronave, procedente de Dubái, transportou colaboradores afgáns na misión española e as súas familias que previamemente pasaron por Dubái.

A base de Torrexón converteuse nunha porta de entrada para os refuxiados afgáns antes da súa distribución polos países comunitarios. Outro avión europeo con 36 evacuados mais aterrou pouco antes en Torrexón.

E dous avións mais, o cuarto e o quinto das Forzas Armadas españolas, voan a Dubái desde Cabul onde evacuaron 177 persoas que cooperaron con España e os Estados Unidos. Ata o momento chegaroin a Torrexón seis avións, tres das Forzas Armadas españolas e outros tres do Servizo Europeo de Acción Exterior, que en total transladaron unhas 370 persoas procedentes de Afganistán.

E nas últimas horas morreron sete afgáns na caótica situación que se vive no aeroporto de Cabu, onde milleiros de persoas intentan  acceder á terminal.