CRTVG

Buscar

Un temporal deixa máis de medio metro de neve nas rúas de Nova York

Publicado o 01/02/2021 21:17

Estas imaxes que van ver poderían ser do Madrid de hai unhas semanas. pero é Nova York. En poucas horas caeu unha nevada das que só se dan cada moitos anos. A neve acumulada supera o medio metro, e contan que pode estar nevando dous dias seguidos.

As autoridades decretaron o estado de emerxencia. E en Paris a Torre Eiffel contempla as consecuencias das fortes chuvias, que provocaron a crecida do rio Sena e o seu desbordamento. Parte dos peiraos quedaron baixo a auga e, para garantir a seguridade, pecháronse varias estacións da liña de metro que corre paralela ao río.

Noticias web

01/02/2021