CRTVG

Buscar

Un técnico de Renfe ve responsabilidade política no accidente de Angrois

Publicado o 20/09/2018 08:22

No Congreso continúan as comparecencias na comisión que investiga o accidente do tren Alvia na curva de Angrois.

Onte tocoulle a quenda a un técnico de Renfe que acusou directamente ao daquela ministro de Fomento, o socialista José Blanco. Cualificou o trazado da alta velocidade en Galicia de "chapuza", que se inaugurou por intereses políticos.

Pola contra, outro dos comparecentes, técnico da Dirección xeral de Ferrocarrís, defendeu a seguridade da liña e afirmou que o accidente non se podería evitar aínda que estivese conectado o sistema de seguridade ERTMS.

Noticias web

20/09/2018