CRTVG

Buscar

Un tapón intelixente controla a calidade do viño do Ribeiro

Publicado o 07/06/2021 19:57

A intelixencia artificial chega tamén ao sector do viño. A cooperativa do Ribeiro está experimentando na súa adega con tapóns dixitais que prometen aforros importantes.

Un tapón intelixente, dotado cun dispositivo para tomar datos do interior da barrica, é a proposta do denominado proxecto Libatio que conseguiu 120.000 euros de financiamento da Unión Europea. Está concibido, inicialmente, para as barricas de madeira.

Manuel Castro, enólogo de Viña Costeira: "Ter unha información máis fiel e máis precisa do que sucede dentro da barrica permitiranos aforrar custos e ter mellor viño".

Viña Costeira calcula un aforro de 150.000  euros en cinco anos. Ata un millón e medio de euros, din, de aplicarse no conxunto do sector vitícola galego.

Xabier Crespo Álvarez, cofundandor de SC Robotics: "Reducir as perdas que hai nestas barricas de madeira, causadas polo propio material, porque se filtra osíxeno. Un aforro económico e tamén de sustentabilidade porque agora, cando se estropea unha barrica, tíranse 500 litros e mil litros".

Co tempo prevén exportar o modelo ás cubas de aceiro e a outros sectores, como a produción de licores.

Noticias web

07/06/2021