CRTVG

Buscar

Un taller da Estrada fabrica palliñas reutilizables de madeira de sabugueiro

Publicado o 16/06/2020 14:26

A madeira reutilizable do sabugueiro xorde como alternativa ao plástico de usar e tirar.

Un novo uso desa especie vexetal que descubriu unha torneira da Estrada para producir artesanalmente as substitutas das palliñas de plástico: "Procuro que en cada paquete vaian de diferente diámetro", di Isabel Neira, torneira de Atalantamadera.com.

Contan no taller tornería en Berres pormenores da última creación no seu obxectivo de redeseñar en madeira obxectos cotiáns. Nesta empresa familiar estradense xa pensaran tempo atrás en facer palliñas de madeira reutilizables: "Esta primavera, non sei se froito do confinamente ou se porque as ideas maduran e nun momento caen, descubrimos a opción ideal, que é a madeira de sabugueiro".

Unha especie con propiedades medicinais e utilizada tamén para facer xoguetes artesanais, como os chifros. Para esta produción utilizan ponlas da poda. Segundo a torneira, "non vale calquera póla. Ten que ter un diámetro determinado e todas son diferentes e dunha lonxitude duns catorce centímetros.

Facer o que se fai con calquera produto reutilizable. Lavalo, é moi importante deixalas secar moi ben para que non collan mofo e se queres pode gardalas na neveira, pode volver esterilizalas coa fervedura en auga durante dez minutos. E unha vez secas, quedan listas para volver usar".

Estas palliñas só están dispoñibles, polo de agora, na web atalantamadera.com. 

Noticias web

16/06/2020