CRTVG

Buscar

Un taller artesán de Porto do Son fabrica cabinas de intubación para tratar pacientes con coronavirus

Publicado o 20/04/2020 13:29

Son as urnas de metacrilato fabricadas por Carlos, no seu obradoiro de Seráns, en Porto do Son. Un taller de artesanía no que habitualmente crean recordos do Camiño de Santiago. Debido á crise do coronavirus, decidiron reinventarse. Agora fabrican cabinas de intubación para hospitais.

Carlos Miguel Rodriguez, Crof, Artesán e creador de ReGalicia, explica que o descubiron a través de facebook, e decidiron facer aquí un producto similar para protexer tanto a pacientes como a médicos

A idea inicial partiu dun médico da China. Pero neste taller galego fixeron algunhas adaptacións, como poñerlle tornillos de aceiro que permitan desmontar a cabina para limpala.

Tamén elaboran pantallas protectoras e pinzas para mellorar o agarre das máscaras. Polo momento xa lle doaron ao Sergas nove destas urnas de metacrilato. E a produción continúa, grazas, din, ás doazóns particulares dos seus clientes, que lles permiten seguir mercando materiais.

O 90% das vendas deste obradoiro dependen do sector turístico, polo que dan por perdida a temporada de verán. Pero decidiron sumarse á loita contra o virus, e non descartan que as súas cabinas de intubación acaben utilizándose tamén en hospitais doutras comunidades.

Noticias web

20/04/2020

Máis sobre Porto do Son