CRTVG

Buscar

Un septuaxenario intentou, supostamente, convencer un menor para que subise ao seu coche en Oleiros

Publicado o 18/06/2021 13:54

Alerta no concello coruñés de Oleiros despois de se detectar a presenza dun condutor descoñecido que, supostamente, intentou convencer un menor para que subise ao seu coche. O home, duns 70 anos, co pelo branco e curto, estaba aparcado nas proximidades do campo de fútbol ao que acoden sós e acotío os menores dunha urbanización.

Os feitos aconteceron, presuntamente, nunha zona onde non hai cámaras de vixilancia. Algúns veciños cren que tras este suceso sería bo incrementar as medidas de seguridade. A nai do cativo xa presentou denuncia perante a Garda Civil, que busca un septuaxenario ao volante dun coche azul para poder esclarecer os feitos. Amais confirma que este é, polo momento, o único caso que lles consta.


 

Noticias web

18/06/2021