CRTVG

Buscar

Un roubo nun bar de Muxía apunta a un novo asalto da banda do Seat León

Publicado o 22/07/2021 15:38

Sucedeu pasadas as dúas da madrugada do mércores neste restaurante situado no paseo marítimo de Muxia. 4 individuos ocultos con máscaras e carapuchas forzaron a reixa do restaurante e romperon a cristaleira da entrada. Segundo conta o propietario, nese momento saltou a alarma e foron descubertos por varios testemuñas que estaban na zona do peirao.

Segundo confirmou a Garda Civil, o coche que empregaron neste intento de roubo, un SEAT Leon, sustraérano pouco antes en Santa Comba. A Garda Givil investiga tamén a posible relación con outro intento de roubo esa mesma madrugada nun bar de Cee.

Esa mesma madrugada intentaron roubar sen éxito outro vehículo no centro de Muxia. Para o dono deste restaurante chove sobre mollado. E a segunda vez en tres anos que sofre un roubo. A anterior foi nestoutro restaurante da súa propiedade situado a poucos metros de distancia.











 

Noticias web

22/07/2021