CRTVG

Buscar

Un roubo de cable da iluminación pública deixa ás escuras o paseo do porto de Betanzos

Publicado o 03/08/2021 13:44

Son moitos os betanceiros e visitantes que adoitan pasear por esta zona portuaria á beira do Mandeo, onde se instalaron modernos farois que iluminan o paseo cando anoitece. Pero desde o venres quedou ás escuras. Por segunda vez en dous meses, roubaron o cable de cobre desta zona, uns 500 metros.

Os usuarios urxen a súa reposición porque cando anoitece a zona vólvese inhóspita sen iluminación.
Hai quen engade outras queixas sobre o estado de conservación do paseo.

Estas instalacións son competencia de Portos de Galicia. O concello de Betanzos xa lle comunicou a incidencia e desde Portos aseguran que están a realizar os trámites para repoñer a iluminación na maior brevidade.

Noticias web

03/08/2021