CRTVG

Buscar

Un restaurante de Oleiros pecha o mesmo día da súa inauguración

Publicado o 07/11/2020 20:55

O anuncio do peche da hostalería chegoulles no medio dos preparativos para a grande apertura. Tiñan oito reservas confirmadas para a noite do vernres, pero non tiveron máis remedio que cancelar. Reaccionaron con determinación, reorientando o negocio cara ao servizo a domicilio.

Non foi a inauguración soñada, pero manteñen o optimismo. Os sete traballadores iniciais serán tres durante o peche forzoso. Confían en ir consolidando clientes, comensais satisfeitos coas encargas que logo ocuparán as mesas do local. Ofrecen unha carta chea de produtos de temporada e de proximidade. A reixa do Café Poniente Restaurante pecha, pero a súa cociña non.
 

Noticias web

07/11/2020