CRTVG

Buscar

Un restaurante da Coruña sofre un escape de gas en dúas bombonas de propano

Publicado o 13/04/2021 14:51

Un coñecido restaurante da rúa Capitán Troncoso, situada a escasos metros da praza de María Pita, sufriu esta mañá un escape de gas propano en dúas bombonas.

A rápida actuación dos bombeiros e da Policía Local contribuíu a que non se producise ningún dano, pero a rúa permaneceu pechada ao tráfico durante boa parte da mañá. 

Noticias web

13/04/2021