CRTVG

Buscar

Institucións penitenciarias desminte que a agresión dun recluso de Teixeiro a un funcionario fose un ataque xihadista

Publicado o 01/06/2021 15:30

Os ataques aos funcionarios dentro das prisións son case unha constante no labor destes profesionais, que levan anos demandando máis medios para se protexer. O último episodio vivido en Galicia é especialmente grave. Ocorreu no cárcere de Teixeiro e deixa máis de media ducia de feridos.

Ao berro de "vouvos matar" e sen provocación previa, o preso, de 25 anos de idade, agrediu un funcionario cunha violencia extrema. Porén, nese intre escoitou voces no patio que desviaron a súa atención e foi canda os seus compañeiros de módulo, internos multirreincidentes. A eles tamén os intentou agredir.

Os funcionarios de prisóns din que estas agresións son frecuentes. Por iso, esta mañá concentráronse ás portas do cárcere de Teixeiro. Fontes penitenciarias desmenten que esta última agresión nesta cadea se estea investigando como un episodio de terrorismo xihadista.

 

Noticias web

01/06/2021