CRTVG

Buscar

Un Real Madrid inmenso no rebote pode co Valencia

Publicado o 06/06/2021 21:19

Na Liga ACB comezou a disputa das semifinais, e o Real Madrid sobrepúxose ás baixas para coller vantaxe diante do Valencia. Os de Pablo Laso venceron por 81 a 70, e quedan a un triunfo da gran final.

A chave do triunfo madridista estivo nunha gran defensa e na superioridade no rebote. Cincuenta e dous capturaron os brancos por 33 o conxunto levantino.

Fabian Causer, con 24 puntos e, sobre todo, Walter Tabares con 17 puntos, 11 rebotes e 27 de valoración foron os máis destacados do cadro madrileño.

Noticias web

06/06/2021