Un queixo de Chantada recibe o premio ao mellor queixo azul de España
Unha queixería de Chantada deu a sorpresa en Madrid ao recibir o premio o mellor queixo azul de España. Elaborado con leite de vacas que só comen pasto, é un queixo artesanal de sabor intenso e untuoso.
Os catadores do concurso de queixos do Salón Gourmet celebrado en Madrid elixiron un queixo azul elaborado artesanalmente en Chantada como o mellor de España na súa categoría. É o Savel, da queixería Airas Moniz.
Ana Vázquez, queixeira de Airas Moniz: "Recibir este premio supón poñernos no escaparate de toda España como medalla de ouro de queixos azuis. Obviamente ten repercusión".
Hai lista de espera para conseguilo. O queixo ao que máis se parece é o famoso Stilton inglés, pero o de Chantada é máis intenso e ten carácter propio.
Ana Vázquez, queixeira de Airas Moniz: "A característica e a untuosidade, a cremosidade, e unha intensidade en boca na que se poden apreciar moitísimos matices durante un tempo bastante longo"
Airas Moniz naceu para recuperar tradicións, facer algo distinto e engadir valor á contorna.
Ana Vázquez, queixeira de Airas Moniz: "Poñer en valor o medio en que estamos, o medio rural, pero non só o medio rural, tamén a contorna, o patrimonio medioambiental, cultural...".