CRTVG

Buscar

Unha estrada intelixente conectada con 5G aos vehículos, a proba en Becerreá

Publicado o 26/05/2021 14:26

Lugo é a primeira provincia de España que dispón de tecnoloxía 5G para a asistencia á condución. Trátase dun sistema que está en fase de probas pero que será unha realidade a curto prazo. Informa da presenza de obstáculos na calzada, coches parados ou calquera outra incidencia que poidamos atopar na estrada. Ou mesmo tamén da néboa ou da chuvia.

O túnel do Cereixal, no concello lugués de Becerreá, é o primeiro en España en probar este novo sistema de asistencia á condución, conectando a estrada co vehículo a través da 5G.

Din os promotores deste proxecto liderado por Telefónica que as estradas intelixentes serán unha realidade a curto prazo e suporán importantes vantaxes. Un sistema que poderá integrarse nos navegadores dos vehículos ou ben utilizarse a través dunha aplicación móbil.

 

Noticias web

26/05/2021