Un comprador persoal fai a compra para os clientes do mercado do Calvario
Publicado o 09/02/2021 21:01
Un clic pon en marcha o traballo de Fernando. A listaxe que deixan os clientes na plataforma web detalla produtos, cantidades e o posto concreto do mercado do Calvario onde ten que acudir para recoller o pedido.
Cando as peticións non concordan cos produtos que están dispoñibles ou cómpre algunha aclaración, este comprador persoal ponse en contacto co cliente.
Os vendedores, unha vintena no mercado do Calvario, financian o servizo, que para o usuario non ten custos engadidos.
A plataforma botou a andar nos mercados da Coruña e xa funciona en varias cidades galegas.