CRTVG

Buscar

Un peregrino de 93 anos chega a Santiago tras facer o Camiño a pé dende Sarria

Publicado o 19/09/2021 17:05

Facer o Camiño de Santiago non ten idade, e hoxe confirmámolo cun dos peregrinos máis lonxevos que chegou a Compostela. Con 93 anos cumpridos e cinco compostelas no seu haber, Luis Cañas pensa xa en volver repetir a experiencia.

Dende que cumpriu os 80 anos, chegar á praza do Obradoiro converteuse nun reto que Luis asume e repite de xeito asiduo. Xa fixo cinco veces o Camiño, e sempre acompañado do seu fillo. 

Seguro de poder repetir a experiencia dentro dun par de anos, di que a ruta dende Sarria non tivo moita complicación para el. "Hai costas, naturalmente, cando empezas sabes que non é un paseo (...). Espero facelo de novo con 95 anos", desexa.

Noticias web

19/09/2021