CRTVG

Buscar

Un pequeno parque temático da aeronáutica no xardín dun xubilado de Gondomar

Publicado o 20/05/2021 14:33

Non hai moito tempo, nunha galaxia moi moi próxima... en Gondomar, concretamente, un electricista xubilado decidiu darlle forma á súa afección e púxose mans á obra para converter a súa casa nunha sala de cine e o seu xardín nun verdadeiro e reciclado parque temático da aeronáutica.

Félix Costas, o creador destes aparellos, explica que a maior parte son reciclados, moitos deles procedentes das comparsas do Entroido de Vigo ou Baiona. "Viñan golpeadas e danadas, adquirinas, repareinas, pinteinas e púxenal tal e como están".

Un helicóptero da guerra do Vietnam, un obxecto voador e, sobre todo, esta réplica dos Apolo que viaxaban á Lúa, son as estrelas deste xardín. Neste último caso, ademais, a forza acompañou a Félix, que precisou ata dunha estada para montar o artefacto de preto de 100 quilos de peso. Ademais, grazas ao seu oficio, estes trebellos poden botar fume e teñen iluminación. Porque aquí, en Gondomar, manteñen baixo control o lado escuro da forza.

Noticias web

20/05/2021