CRTVG

Buscar

Un pediatra acepta 26 anos de cadea por abusar de seis menores

Publicado o 21/03/2019 15:46

Na Audiencia Provincial de Almería celebrouse o xuízo contra un pediatra acusado de abusar sexualmente de seis menores entre os anos 2008 e 2013. O home, de 45 anos, recoñeceu os delitos e aceptou penas que suman 26 anos e medio de prisión.

O procesado, que xa fora condenado por feitos semellantes na súa Colombia natal, aproveitou a súa quenda de palabra no xuízo para pedir desculpas ás vítimas e ás súas familias.

Noticias web

21/03/2019