CRTVG

Buscar

Un pedagogo pontevedrés deseña un método para acabar coas faltas de ortografía

Publicado o 15/06/2021 20:42

Na súa experiencia, este profesor e pedagogo pontevedrés constatou que as faltas de ortografía non dependen tanto dos hábitos de lectura e do nivel académico como de ter unha intelixencia máis ou menos visual. O seu sistema básease en dotar de contido esas letras que presentan maiores dificultades.

O punto de partida son 300 palabras que se gravan na memoria, asegura, tal e como se presentan, de cinco en cinco.

De momento, o método está dispoñible para o castelán, pero o seu creador afirma que é moi doado aplicalo a calquera lingua para falantes de todas as idades.

Noticias web

15/06/2021