CRTVG

Buscar

O paracaidista que levaba a bandeira de España engánchase nunha farola

Publicado o 12/10/2019 11:50

O paracaidista que descendía coa bandeira de España que se iza para o desfile da Festa Nacional impactou contra unha farola do Paseo da Castellana de Madrid, xunto ao palco de autoridades e quedou atrapado uns minutos.

O cabo primeiro Luis Fernando Pozo, da Brigada Paracaidista, en lugar de chegar a terra fronte ao palco, como é tradicional, petou con forza contra unha farola e quedou enredado coas cordas e a bandeira.

Logo duns minutos, nos que recibiu o aplauso de ánimo dos Reis, as súas fillas, autoridades e invitados, o paracaidista puido saír sen lesións e o desfile continuou como estaba previsto.

Noticias web

12/10/2019