CRTVG

Buscar

Un panel multidisciplinar de expertos asesora a transición á "nova normalidade"

Publicado o 28/04/2020 14:54
Un panel multidisciplinar de expertos asesora a transición á "nova normalidade"

Un panel central de expertos de distintas disciplinas é o encargado de analizar como se volverá á normalidade desde o confinamento e de establecer as prioridades para a volta progresiva á rutina, grazas ao asesoramento de diversos subgrupos de profesionais. Estes farán as súas achegas ao comité de xestión da pandemia, transformado xa no comité de xestión da desescalada.

O chamado Plan para a transición cara a unha nova normalidade está liderado pola vicepresidenta Teresa Ribera e conta con expertos en sanidade e epidemioloxía, pero tamén con grupos especializados en economía, asuntos sociais e análise internacional.

Tamén achegan información para a volta á normalidade as comunidades autónomas, os concellos, as empresas, os sindicatos, organizacións académicas e outro grupo de traballo científico coordinado polo ministro Pedro Duque.

Son 16 os expertos de prestixio internacional que asesoran ao Ministerio de Ciencia en materias científicas relacionadas co coronavirus.