CRTVG

Buscar

Un panadeiro mindoniense presenta no Fórum o pan de fabas

Publicado o 11/03/2019 22:41

A panadería de Waldo está situada en Modoñedo, ao caronciño de Lourenzá, polo que era inevitable que chegase a fusión do pan artesanal coas fabas.

Waldo González, panadeiro: "A maior parte dos nosos clientes son fabeiros e foi por dar unha oportunidade de que saia para adiante un produto; algo cun sabor ancestral porque é un pan vello, un pan coma os de antes, saborosos e aromáticos ao mesmo tempo".

O pan de fabas aínda non se comercializa, están coas probas.

Waldo González, panadeiro: "Hai que poñelas a remollo, cocelas, amasalas, secalas; esa masa engádese á masa nai e mestúrase coa masa de pan de Mondoñedo, tamén con pan centeo, trigo do país, sen lévedo, sen sal e sen nada".

Waldo defínese coma un panadeiro tradicional, que controlan dende a semente do pan ata a seitura e a moenda; loita polo pan artesanal, un alimento alleo aos panificables, mellorantes e os lévedos químicos. Defende o requento, o fermento natural, sen présas; lonxe das grandes superficies que traballan co pan precocido ou conxelado. O escaparate que queren para o seu pan de fabas é o da tenda de proximidade, o do pan de barrio.

Noticias web

11/03/2019